Imos de Nadal

O luns 20 de decembro os rapaces e rapazas de 4º de Primaria A realizaron un programa de radio sobre o Nadal. Foi un pouco máis dunha hora sen cortes, coma se dun directo se tratara. Fixeron entrevistas, falaron do Nadal no mundo e tamén do Nadal na nosa cidade. Houbo un pouco de todo. Mateo e Ana fixeron de presentadores, aínda que todos participaron (a algúns hai que dicirlles que falen máis alto, que non se lles escoita demasiado). Mesmo dous deles, Daniela D. e Bruno N. levaron o control de son como auténticos profesionais. Foron uns minutos diferentes e dende logo divertidos.

Nota: os erros técnicos son atribuibles todos ao profe. Seguimos aprendendo para facelo mellor a próxima vez (que será pronto).