11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da nena científica

Primeira parte
Segunda parte
Sabes que día se celebra o 11 de febreiro? Desde a ANPA, en Radio Badúa a través do noso programa Ondas de Muller, convidámoste a coñecer máis sobre este día da man de científicas, de rapazas e de antigas alumnas, que nos contarán a súa historia, a súa experiencia e parte da súa vida.



Carla Berengua Pereira 


Naceu en Panxón (Nigrán) e formouse en Farmacia pola Universidade de Santiago. Traballa no Hospital de San Pau en Barcelona, ten varios estudios e artigos publicados, e é referente no equipo de traballo de viroloxía fronte ao Covid 19, É antiga alumna do Colexio Divino Salvador, e como dato, podedes buscala nas orlas de secretaría. 



Amparo Alonso Betanzos 


Amparo ten un percorrido que sería difícil de explicar aquí todos os seus esforzos e logros, por iso deixamos o enlace da Wikipedia onde poderedes coñecela mellor. Amparo tamén foi unha alumna coma ti, do noso cole. 





Estela González Fernández 


Naceu en Vigo e estudou bioloxía na Universidade de Vigo. Trasladouse a Madrid e agora vive e traballa no Reino Unido. Os seus estudios foron relevantes para tratar varios brotes de "lesmaniosis" en Madrid, e ten varias publicacións no seu campo. Foi tamén antiga alumna do Divino Salvador, e tamén podedes atopala nas orlas de secretaría.



Non te esquezas de que a ciencia precisa rapazas coma ti!!!