Saúdos do Apalpador

Chega a noite en que o Apalpador, tamén chamado Pandigueiro, baixa a tocar o ventre dos nenos e nenas para ver se comeron suficiente ao longo do ano, deixando castañas, algún agasallo e desexándolles un aninovo cheo de felicidade e comida. 
Un ano máis, o Apalpador non puido achegarse ao cole por culpa do dichoso coronavirus, pero deixou para todos os alumnos e alumnas unha mensaxe. Aquí a tedes.

Vaite logo meu neniño,

marcha agora para camiña.

Que vai vir o Apalpador

a palparche a barriguiña.

·············

Xa chegou o día grande,

día do noso Señor.

Xa chegou o día grande,

E virá o Apalpador.

·············

Mañá é día de cachela,

que haberá gran nevarada

e ha vir o Apalpador

cunha mega de castañas.

·············

Por aquela cemba,

xa ven relumbrando

o señor Apalpador

para darvos o aguinaldo.

Vai-te logo meu meninho,

marcha agora para caminha.

Que vai vir o Apalpador

a palpar-che a barriguinha.

·············

Já chegou o dia grande,

dia do nosso Senhor.

Já chegou o dia grande,

E virá o Apalpador.

·············

Manhã é dia de cachela,

que haverá gram nevarada

e há vir o Apalpador

c'umha mega de castanhas.

·············

Por aquela cemba,

já vem relumbrando

o senhor Apalpador

para dar-vos o aguinaldo.