Programa de igualdade Ondas de Muller!!!

 Vive os valores a través da radio…

“Ondas de Muller” é un proxecto de educación e concienciación multidisciplinar que abarca a toda a Comunidade Educativa, empregando as novas tecnoloxías como canle. En concreto, o uso da radio.

“Ondas de Muller” introduce un programa de actividades para promover a igualdade entre mulleres e homes e a prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres.

Tomando como directrices o marco normativo do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e a través de medios innovadores como é o uso da radio dixital, os contidos do programa de acción “Ondas de Muller” chegarán a toda a cidadanía de Galicia e a todas as persoas de fala galega, hispana, e portuguesa.


Este programa está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade, pola Consellería de Emprego e Igualdade, e polo Ministerio de Igualdad, con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.



Laura Parga López, alumna de 4º da ESO, despois da prata no campeonato galego de ximnasia acrobática, ven de gañar o ouro no campeonato nacional. Coas súas dúas compañeiras, forma un trío invencible. Antía Reñones e Germán Alonso realizan as preguntas axeitadas para que nos acheguemos un pouquiño máis este deporte tan espectacular como descoñecido. Todo un exemplo da figura da muller no deporte, de esforzó e de superación persoal.