Laura Parga: unha acróbata dourada


Laura Parga López, alumna de 4º da ESO, despois da prata no campeonato galego de ximnasia acrobática, ven de gañar o ouro no campeonato nacional. Coas súas dúas compañeiras, forma un trío invencible. Antía Reñones e Germán Alonso realizan as preguntas axeitadas para que nos acheguemos un pouquiño máis este deporte tan espectacular como descoñecido. Escoitade, escoitade.