Ondas de bo rollo!

Este é un podcast para familias que gravaron dende o centro "Con mucho gusto" para nós, falando de sexualidade e diversidade. Lucía e Sabela, que se presentan a si mesmas ao comezo do podcast, tráennos un programa moi interesante que paga a pena escoitar. Elas foron as encargadas do obradoiro que impartiron en 6º de Primaria no primeiro trimestre grazas ao ANPA.


Este obradoiro foi programado grazas ao Anpa e subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade, pola Consellería de Emprego e Igualdade, e polo Ministerio de Igualdad, con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.