Ondas de bo rollo! para 6º de Primaria

No primeiro trimestre, Lucía e Sabela (do centro "Con mucho gusto") achegáronse ao noso centro para falar de sexualidade cos alumnos e alumnas de 6º de Primaria. Foi un obradoiro moi ameno e que acabou con moitas preguntas dos rapaces. Para contestalas todas, gravaron este podcast.

Este obradoiro foi programado grazas ao Anpa e subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade, pola Consellería de Emprego e Igualdade, e polo Ministerio de Igualdad, con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.