Con mucho gusto! Podcast para familias

 Este é un podcast para familias que gravaron dende o centro "Con mucho gusto" para nós, falando de sexualidade e diversidade. Sabela, que estivo impartindo o obradoiro de sexualidade aos alumnos/as de 6º de Primaria neste primeiro trimestre, tráennos un programa moi interesante que paga a pena escoitar. 

Este obradoiro foi programado grazas ao Anpa e subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade, pola Consellería de Emprego e Igualdade, e polo Ministerio de Igualdad, con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.