Historias do Camiño.
Os alumnos e alumnas de 4º de Primaria A aceptaron o reto que lles propuxo o Faro de Vigo de facer un
proxecto sobre o Camiño de Santiago. Este proxecto, en colaboración coa Consellería de Cultura,
Educación e Universidade da Xunta de Galicia, faise para divulgar entre as xeracións máis novas a
dimensión cultural, social, económica e humanística do Camiño de Santiago. Aí é nada!
Nós decidimos facer unha serie de podcast breves. Queríamos simplemente contar algunhas curiosidades do Camiño.
En total foron dez gravacións que esperamos que vos gusten.
(Müsica de fondo: Mutenrohi).