Greetings from Spain


Nos últimos meses os alumnos e alumnas de 3º de Primaria participaron no proxecto Stop Here, dentro das actividades da plataforma eTwinning, que é un programa da Unión Europea en materia de educación, formación, xuventude e deporte. O obxectivo de eTwinning é facilitar o intercambio de ideas e o traballo en colaboración entre profesorado e alumnado de diferentes países a través das TIC. No proxecto Stop Here participan, entre outros, alumnos de Rumanía, Moldavia, Eslovaquia, Polonia, Macedonia, Turquía, Letonia, Hungría, Italia, Bulgaria ou Ucrania. Para todos eses novos amigos, e xa que estamos preto do final de curso, quixemos gravar este podcast para desexarlles un bo verán.